quarta-feira, 16 de novembro de 2011

TRABALLOS DA 1ª AVALIACIÓN: ANO 2011-2012

1º: ILUSTRACIÓN PARA UN RELATO CORTO: LIGAZÓN
2º: ILUSTRACIÓN PARA UNHA FRASE CONSTRUÍDA AO CHOU POLA CLASE: "Me llamo Juan Palomo y tengo cuatro macarrones en la cocina pero están caducados y no saben casi nada"
3º: ILUSTRACIÓN A PARTIR DAS SENSACIÓNS QUE PRODUCE A ESCOITA DUNHA PEZA:LIGAZÓN
4º: a.- Ilustración para o anaco que che teña tocado do relato 'Los dos reyes y los dos laberintos' de Jorge Luis Borges.
b.- Rótulo para acompañar a ilustración anterior nunha proxección de diapositivas. O rótulo ten que axudar a seguir a historia que estamos contando (NON ESQUEZAS QUE SE TRATA DUN TRABALLO DE PLÁSTICA, POLO QUE TEN QUE SER UN RÓTULO ARTÍSTICO)
c.- Rótulo coa palabra "FIN" para proxectar ao final da presentación (relé o comentario anterior).
O texto completo do relato pódelo ler a partir desta ligazón.
5º: Portada para o conto infantil ilustrado 'Los dos reyes y los dos laberintos'. Máis información aqui.
6º: Viñeta correspondente ao anaco que vos tocase da canción "El canto del gallo". Trátase de facer unha viñeta de maneira que coas 19 viñetas da clase se contase nunha banda deseñada a historia que conta a canción. Se queredes escoitar a canción, usade esta ligazón. Non copiedes a ilustración que aparece no vídeo, senón non será un traballo válido.
7º: BANDA DESEÑADA. Este traballo componse de 4 máis pequenos, que hai que facer na orde en que se indica:
a) Argumento (que ocupe unha 1 páxina) da historia que se vai desenvolver na banda deseñada.
b) Guión desenvolvido (nun mínimo de 24 viñetas). Para cada viñeta hai que indicar:
- "Viñeta nº X"
- descrición da imaxe que se ve (indicando tamén o tipo de plano que é)
- texto dos personaxes e do narrador, se os hai.
Evidentemente, para facer o guión é necesario ter antes o argumento
c) Reparto do espazo: Imos encaixar as viñetas (mínimo 24) en, exactamente, 4 folios. Dependendo do que vaia en cada viñeta e de como vaiamos de espazo (viñetas que queden por facer e espazo restante), deberá ocupar máis espazo ou menos na páxina.
Loxicamente, para facer o reparto do espazo temos que saber as viñetas que compoñen a historia e que ocorre en cada unha.
d) Banda deseñada debuxada e pintada, cos textos nos seus globos correspondentes, etc., seguindo as indicacións do guión.
Está claro que para isto é necesario ter feito o guión con anterioridade e o reparto do espazo, para delimitar o espazo no que temos que debuxar cada viñeta.
Póñovos o link dun ano anterior que fala un pouco máis polo miúdo do traballo.

quarta-feira, 9 de novembro de 2011

K4ND1N5KY E M4L3V1CH OU V1C3V3R5A





Inauguran estes días unha exposición no Museo del Prado en Madrid con fondos do Hermitage de San Petersburgo. Falaban, a raíz diso, de Málevich e de Kandinsky, dous dos artistas máis relevantes do século XX, rusos os dous.

Por iso vos poño 2x2 ligazóns para quen queira saber algo máis deles:

Kandinsky: en español e en inglés

Malévich: en español e en inglés

A ver se adivinades de quen e cada cadro... (é ben fácil...)

sexta-feira, 28 de outubro de 2011

PORTADA PARA 'LOS DOS REYES Y LOS DOS LABERINTOS'


O seguinte traballo que tedes que facer é unha portada para o conto ilustrado 'Los dos reyes y los dos laberintos'. Todos lestes algunha vez un conto ilustrado, no que teñen máis importancia as ilustracións que o texto, ou polo menos a mesma. As portadas nestes contos son, en realidade, unha ilustración máis, pero que é representativa de todo o relato.
Vós tedes que facer a portada para ese conto ilustrado. Ademais da ilustración, na portada do libro ten que figurar:
- TÍTULO DA OBRA
- AUTOR DA OBRA
- ILUSTRACIÓNS DE...

Póñovos aquí unha ligazón cun blog no que colocaron algunhas "portadas chulas" de novelas, basicamente. Tamén podedes facer unha busca en Google sobre portadas de libros infantiles...

sexta-feira, 21 de outubro de 2011

quarta-feira, 28 de setembro de 2011

ILUSTRAR UN RELATO

Nesta actividade trátase de realizar a ilustración para un relato. O interesante desta actividade é que tedes que inventar os protagonistas, xa que cada un debería velos dun xeito distinto, xa que ningún os coñecemos. Ademais, cada un debería centrar a atención nun instante distinto relato, ou desde distinto punto de vista. O relato que hai que ilustrar é de Julio Cortázar, e ten por título 'Lo particular y lo universal'. Se cadra algún lembra a súa voz do anuncio do Seat León...



sábado, 17 de setembro de 2011

COMPOSICIÓN DADAÍSTA


Xa falamos nun post anterior sobre Marcel Duchamp. Fálase del como unha das pezas fundamentais para o desenvolvemento do dadaísmo en Nova Iorque.
Aínda que o dadaísmo levaba por bandeira o antiarte, hoxe imos facer algo ao alcance de todos, como dicía Tzara (un dos impulsores do movemento): arte.
Para iso, en primeiro lugar, temos que compor un poema dadaísta. Para iso só hai que seguir os pasos da súa receita.
Unha vez que o teñamos feito, vén a segunda parte, que é ilustralo... e voilà!!!

sexta-feira, 15 de abril de 2011

ESCRITURA DUNHA HISTORIA A PARTIR DAS SÚAS ILUSTRACIÓNS

Normalmente faise o contrario, e iso xa o temos feito anteriormente neste ano. Agora trátase de escribir unha historia a partir de 10 imaxes que servirán como ilustracións da historia que escribides. Douvos 10 imaxes -todas son cadros do pintor Leandro Lamas (Narón, 1973)- e tedes que miralas, asignarlles unha orde e escribir a historia que ilustran, nesa orde que lle destes. O significado dunha imaxe depende de moitas cousas: evidentemente da propia imaxe en si (dos elementos que a compoñen, das formas que teñen, das cores utilizadas, dos contrastes, etc.) pero tamén depende tanto, polo menos, do propio espectador que interpreta esa imaxe (supoño que iso ficou ben claro cando vos invitei a que imaxinásedes que significado podía ter o stencil de "EAT THIS" o 11-9-2000 e o 11-9-2010: o único que cambiaría aí é o espectador, sendo a imaxe a mesma nas dúas datas). Dentro das características da imaxe, nesta actividade traballamos con como inflúe no significado dunha imaxe o feito de formar parte dunha secuencia. Deste xeito, en función de que imaxes acompañasen nunha secuencia a unha mesma imaxe, esta imaxe podería ter significados ben distintos. Vou poñéndovos as imaxes (xa vos digo que a orde en que van debédela decidir vós):

TRABALLO PARA 4º

Consiste en todo o traballo de realizar un vídeo-clip para unha canción. Póñovos dous exemplos distintos de como o fixeron outros. As claves do éxito son traballar con gusto e o esforzo no traballo:


quarta-feira, 13 de abril de 2011

STENCIL (ESTARCIDO)

O traballo proposto consiste na realización dunha plantilla para stencil. Póñovos a ligazón ao primeiro blog que encontrei sobre o tema.
Aproveito para lembrarvos que o stencil é unha ferramenta de arte de rúa, habitualmente asociado á denuncia de situacións de inxustiza. Un exemplo do que vos comento é o seguinte:

Na ligazón que vos poño hai acceso a outras páxinas sobre arte na rúa, que está ben consultar, como esta, arxentina.

terça-feira, 29 de março de 2011

MARCEL DUCHAMP EN 'HOMO ARTIS'

Eis un blog dun colega de profesión. Póñovos a ligazón directa a unha entrada sobre Marcel Duchamp, que é unha figura moi polémica e relevante na arte do século XX. Se cadra coñecedes a súa Monalisa:

segunda-feira, 14 de março de 2011

MOSAICOS

Se nunca vistes un mosaico grego ou romano, non tedes máis que entrar nesta web, ou nalgunha das outras moitas que falan do tema. Ou, se sodes aínda máis vagos, chégavos con mirar máis abaixo:


Agora xa saberedes ao que me refería...
Con respecto a mosaicos, hai moita máis diversidade, xa dentro do campo da xeometría como os mosaicos de Escher, por exemplo. Hai moitas páxinas con actividades con este tipo de mosaicos. Tamén están os mosaicos de Penrose, con innumerables exemplos na Rede.


sexta-feira, 4 de março de 2011

MURAL E CARTACES PARA O ENTROIDO

Eis as fotos dos cartaces e do mural que preparamos para axudar na ambientación do pavillón para o festival de Entroido (grazas a Raúl e José Carlos pola colaboración)

Xa vistes que se colou un espontáneo na foto xeral...

quarta-feira, 16 de fevereiro de 2011

AUTORRETRATO

Tódolos anos facemos un traballo que é debuxar un autorretrato. Este ano para facer o voso vouvos propor que personalicedes unha composición do deseñador soviético Alexander Rodchenko, que é un dos referentes fundamentais na evolución do deseño gráfico no século XX. Póñovos tamén a entrada del na Wikipedia.
A imaxe de referencia da que ides partir (e cuxo croquis vou facilitarvos) é a seguinte:
O traballo que tedes que facer é algo semellante ao que fixo este micho para deseñar o seu autorretrato. Estaría ben que modificásedes máis có micho, que digo eu que o poderedes facer mellor ca un micho... ¿ou?

segunda-feira, 14 de fevereiro de 2011

MANDALAS

Xa que estamos traballando sobre mandalas, póñovos aquí dous documentos audiovisuais sobre eles :
O primeiro fala do que son os mandalas en xeral, particularizando tamén o seu papel nas prácticas orientais. Non fagades caso cando din, por exemplo, que son complicados de debuxar...


O segundo é unha animación a partir de imaxes de mandalas con música suave.


Se vos gustou o asunto dos mandalas e queredes imprimir para pintar máis, tédelo fácil. Se non sabedes inglés, tamén.

quinta-feira, 20 de janeiro de 2011

CLAUDE DEBUSSY, ARABESCO Nº 1



O traballo consiste en realizar unha obra (ilustración) a partir das sensacións producidas pola escoita desta música (non poñades alguén tocando o piano nin copiedes directamente as imaxes que aparecen no vídeo!!!)

quarta-feira, 19 de janeiro de 2011