quarta-feira, 19 de setembro de 2012

O CONTEXTO E O SIGNIFICADO

Faleivos o primeiro día de como o significado depende moito do contexto. Mencionei tamén o 'Cuadrado negro' de Malévich. Póñovos aquí unha ligazón na que falan deste cuadro e da importancia do contexto.
Déixovos tamén aquí un sinxelo esquema sobre os elementos básicos do proceso comunicativo, básico en calquera arte:


terça-feira, 27 de março de 2012

CORRENTES ARTÍSTICAS

Eis unha imaxe que usando o humor dá unha idea bastante boa dalgunhas correntes artísticas:


sexta-feira, 27 de janeiro de 2012

TRABALLOS DA 2ª AVALIACIÓN: ANO 2011-2012

1. Unha mancha de cores frías ou cálidas.
2. O do can: cores frías.
3. O do can: cores cálidas.
4. O do can: tricolor.
5. Mandala: dar cor a un mandala (libre)
6. Mandala: un con cores frías e outro con cores cálidas (o mesmo mandala, distinta gama de cores).
7. Debuxar e pintar un mandala (libre)
8. Mascota para os Xogos Olímpicos de 2012 de Pontecesures
9. Logotipo para os Xogos Olímpicos de 2012 de Pontecesures
10. Composición modular de triángulos: composición abstracta
11. Composición modular de triángulos: composición figurativa

DAR COR A UN MANDALA

Seguimos traballando coa cor. Nesta ocasión trátase de pintar un mandala, o da imaxe de abaixo, libremente (sempre tendo en conta que aos dous lados dunha mesma liña non pode haber a mesma cor). Nunha entrada doutro ano tedes información sobre os mandalas. Tamén na folla que vos dei.

sexta-feira, 20 de janeiro de 2012

TIRA CÓMICA

Eis outro exemplo de comic, este coas viñetas pegadas:

OS TRES DEBUXOS DO CAN E O NENO

Se facedes click na imaxe verédela máis grande e poderedes ler as instrucións que ten na marxe dereita:
Recordade sempre: aos dous lados dunha mesma liña non pode haber a mesma cor!!!
Porque, se hai a mesma cor, ¿para que poñemos a liña?

UNHA MANCHA DE CORES


O primeiro traballo da 2ª avaliación consiste en dar cor a esta composición. Para iso hai que pintar cada recinto dunha cor distinta ao recinto que ten ao lado; é dicir: aos dous lados dunha mesma liña non pode haber a mesma cor (si pode haber un verde distinto de cada lado).
Ademais, ao distribuir as cores, hai que ter en conta que só pode haber unha "mancha de cores" frías ou cálidas. Isto significa que, se a maior parte da composición é en cores frías, as cores cálidas teñen que estar concentradas facendo unha "mancha" ou unha "illa": ten que haber un camiño para percorrer as cores cálidas.
Póñovos unha ligazón a unha web que fala de cores frías e quentes (ou cálidas).