quarta-feira, 2 de dezembro de 2009

FONDOS PARA FOTOGRAMAS

Póñovos a seguir algunhas imaxes que poderían ser o fondo das fotos que se fan Héctor e Paula cando viaxan polo mundo ou cando falan no café ou cando están na exposición.
Son só exemplos, non teñen por que ser os definitivos.






segunda-feira, 30 de novembro de 2009

GRANDES MUSEOS DO MUNDO

Unha das grandes vantaxes de vivirmos no século XXI é que moita xente, antes de nós, xa se ten adicado a resolver cuestións que, se non o tivesen feito, teríamos que afrontar. Para mostra, un exemplo: a escolla dos 20 mellores museos do mundo.

ALGÚNS CENTROS DE ARTE MODERNA E CONTEMPORÁNEA

Por se hai alguén interesado en irse de museos sen levantarse da silla, póñovos algúns sitios onde poderíades dirixirvos:

The Saatchi Gallery (Londres)

Tate Modern (Londres)

Guggenheim (xa inclúe os links coas sés de Nova Iorque, Bilbao, Venecia, Berlín e Abu Dhabi)

MOMA (Nova Iorque)

Museo Reina Sofia (Madrid)


Centre George Pompidou (París)

Museu do Chiado (Lisboa)

Fundação Serralves (Oporto)

MACBA (Barcelona)

CGAC (Santiago de Compostela)


MARCO (Vigo)

MOMAT (Tokio)

MCA (Sidney)

MAC (São Paulo)

MAC de Niterói (Rio de Janeiro)

MMOMA (Moscova)

Museo Tamayo (México)

MUAC (México)

sábado, 28 de novembro de 2009

OS CADROS DA DISCORDIA

Algúns pintores galegos recentes cuxa obra podería ser víctima da codicia de Paula, Héctor, Lucía e (eventualmente) Celia poderían ser:

Maruja Mallo

Urbano Lugrís


Luís Seoane

Alfonso Sucasas

Alfonso Costa


Jorge Peteiro

Luís Caruncho

Laxeiro


Eugenio Granell

Leandro Lamas

Aínda que tampouco está a súa obra, en xeral, TAN cotizada...

O ARTISTA E A MORTE

Leo en El Mundo (non vos podo linkar á noticia porque é un contido de pago; sonche así) que abren unha exposición no Museo Nacional de Arte Moderna de París sobre o traballo que un feixe de artistas desenvolveron cando viron próxima a data da súa morte.
Vindo de camiño falaban na radio do que ten que mudar o traballo do sistema sanitario na asistencia ás persoas que están para morrer.
Tema moi de Novembro.
En todo caso, a tal exposición é un motivo tan bo como calquera outro para achegarnos á obra de xenios como Willem de Kooning, Robert Mapplethorpe, Jörg Immendorff, Hans Hartung, Chen Zhen, Joan Mitchell ou Félix González-Torres.

MUSEO VIRTUAL

Benvidos ao museo virtual.
Desde aquí pretendemos dirixirvos a outros dominios web nos que poidades ver algo máis completo do que nos achegan os libros de texto.

Para empezar, suxírovos visita-la Artcyclopedia, na que nos ofrecen, como eles din, unha clasificación de "os artistas que a xente buscou máis no último mes: unha medida para non ser tomada moi en serio sobre que artistas ocupan unha maior porción de memoria da nosa cultura colectiva". Tamén teñen unha clasificación de pinturas, seguindo o criterio dos posters que máis venden na súa tenda.

sexta-feira, 27 de novembro de 2009

A LINGUAXE DOS PLANOS:

O plano vén definido polo ángulo, a posición e a distancia ou lugar dende o que observamos a un personaxe, un obxecto ou unha paisaxe.
Cada tipo de plano ten unha carga emocional e expresiva diferente (comunican emocións, sensacións e sentimentos diferentes). Isto quere decir que, dependendo do tipo de sensación que queiramos comunicar, será máis axeitado utilizar un tipo de plano determinado, xa que cada plano comunica (aínda sen que sexa intención do que toma a imaxe) unha sensación deiferente.
Os tipos de planos máis habituais son:
1. plano de detalle: amosa unha parte moi concreta da acción.

2. plano curto (ou primeirísimo primeiro plano): acentúa o dramatismo recollendo só parte da cara do personaxe.


3. primeiro plano: pretende expresar sentimentos e pensamentos; elimina todo agás o rostro para amosalo con plenitude.


4. plano de ombreiros: transmite proximidade pero non é tan expresivo como un primeiro. Pode ser máis ou menos curto.


5. plano medio: recolle os xestos coas mans.


6. plano americano (ou ¾): é a visión que temos habitualmente das persoas.


7. plano xeral: vemos as persoas enteiras.


8. grande plano xeral: sitúa aos personaxes dentro da escea.


9. plano panorámico: amosa unha paisaxe.


10. picado: plano tomado desde unha posición máis alta cá do personaxe que inclúe, dá sensación de vulnerabilidade.


11. contrapicado: plano tomado desde unha posición máis baixa cá do personaxe que inclúe, ‘engrandece’ ao personaxe.


Como regra xeral, canto máis pechado (máis curto) é o plano, o espectador séntese máis involucrado na imaxe, polo que a carga expresiva é maior. Os planos longos ou amplos (afastados) serven para contextualizar mellor a acción, son máis descritivos e menos emocionais cós máis curtos.

Combinado cos tipos de plano indicados, en cinema, segundo sexa o movemento da cámara, podemos ter as seguintes posibilidades:

12. panorámica: a cámara xira sen trasladarse; serve para describir a escea. O xiro pode ser en torno a un eixo vertical, horizontal ou combinado.

13. zoom (de achegamento ou de afastamento): o plano péchase (zoom de achegamento) ou ábrese (zoom de afastamento), polo que fai que nos acheguemos ou afastemos sentimentalmente da acción.

14. travelling: a cámara trasládase seguindo a acción. Pode ser en sentido transversal ao tiro de cámara, en vertical ou horizontal, ou lonxitudinal (acadando un efecto parecido aos zooms).