Póñovos estas imaxes como recordatorio de como se constrúen...
... os ovoides coñecendo os eixos maior e menor
... os óvalos regulares coñecendo o eixo maior
1. Trazamos o lado, cuxos extremos son A e B, e prolongamos cara á dereita do punto B.
2. Trazamos a mediatriz do lado (xa explicamos como se fai). O punto no que a mediatriz corta o lado é o punto O.
3. Facemos unha perpendicular ao lado polo punto B.
4. Trazamos un arco con centro en B e que teña como radio a lonxitude do lado. Imos facer un arco que sexa case media circunferencia.
5. O punto no que este arco corta a perpendicular ao lado é o punto F.
6. Trazamos un arco con centro en O e con radio a distancia entre O e F, de xeito que corte a prolongación do lado. O punto de corte é o punto G.
7. Trazamos un arco con centro en A e con radio a distancia entre A e G, de xeito que corte o arco que trazamos no paso 4. Ese punto de corte é o punto C e é o terceiro vértice do pentágono.
8. Se prolongamos o arco que trazamos no paso 7 ata que corte a mediatriz obtemos o punto D, que é o cuarto vértice do pentágono.
9. Tomamos co compás a lonxitude do lado e facemos un arco con centro en D e outro con centro en A, de xeito que se corten no punto E. Ese é o quinto vértice do pentágono.
10. Unindo os vértices entre si obtemos o pentágono a partir da lonxitude do lado.
Póñovos outra foto que trata do mesmo cá entrada doutro ano sobre o Tuttomondo de Keith Haring e fala de intervencións artísticas na rúa mediante graffiti coa intención de darlle algunha utilidade a paredes pouco agradables á vista.
Póñovos unha LIGAZÓN A UNHA ENTRADA ANTIGA para que vos fagades unha idea, os que deixades a materia para setembro, das cousas que podo preguntarvos no exame.
Faleivos o primeiro día de como o significado depende moito do contexto. Mencionei tamén o 'Cuadrado negro' de Malévich. Póñovos aquí unha ligazón na que falan deste cuadro e da importancia do contexto.
Déixovos tamén aquí un sinxelo esquema sobre os elementos básicos do proceso comunicativo, básico en calquera arte: