Tódolos anos facemos un traballo que é debuxar un
autorretrato. Este ano para facer o
voso vouvos propor que personalicedes unha composición do deseñador soviético
Alexander Rodchenko, que é un dos referentes fundamentais na evolución do deseño gráfico no século XX. Póñovos tamén a
entrada del na Wikipedia.
A imaxe de referencia da que ides partir (e cuxo croquis vou facilitarvos) é a seguinte:

O traballo que tedes que facer é algo semellante ao que fixo este micho para deseñar o seu autorretrato. Estaría ben que modificásedes máis có micho, que digo eu que o poderedes facer mellor ca un micho... ¿ou?
Sem comentários:
Enviar um comentário