sexta-feira, 27 de janeiro de 2012
DAR COR A UN MANDALA
Seguimos traballando coa cor. Nesta ocasión trátase de pintar un mandala, o da imaxe de abaixo, libremente (sempre tendo en conta que aos dous lados dunha mesma liña non pode haber a mesma cor). Nunha entrada doutro ano tedes información sobre os mandalas. Tamén na folla que vos dei.
sexta-feira, 20 de janeiro de 2012
OS TRES DEBUXOS DO CAN E O NENO
UNHA MANCHA DE CORES
O primeiro traballo da 2ª avaliación consiste en dar cor a esta composición. Para iso hai que pintar cada recinto dunha cor distinta ao recinto que ten ao lado; é dicir: aos dous lados dunha mesma liña non pode haber a mesma cor (si pode haber un verde distinto de cada lado).
Ademais, ao distribuir as cores, hai que ter en conta que só pode haber unha "mancha de cores" frías ou cálidas. Isto significa que, se a maior parte da composición é en cores frías, as cores cálidas teñen que estar concentradas facendo unha "mancha" ou unha "illa": ten que haber un camiño para percorrer as cores cálidas.
Ademais, ao distribuir as cores, hai que ter en conta que só pode haber unha "mancha de cores" frías ou cálidas. Isto significa que, se a maior parte da composición é en cores frías, as cores cálidas teñen que estar concentradas facendo unha "mancha" ou unha "illa": ten que haber un camiño para percorrer as cores cálidas.
Póñovos unha ligazón a unha web que fala de cores frías e quentes (ou cálidas).
quarta-feira, 16 de novembro de 2011
TRABALLOS DA 1ª AVALIACIÓN: ANO 2011-2012
1º: ILUSTRACIÓN PARA UN RELATO CORTO: LIGAZÓN
2º: ILUSTRACIÓN PARA UNHA FRASE CONSTRUÍDA AO CHOU POLA CLASE: "Me llamo Juan Palomo y tengo cuatro macarrones en la cocina pero están caducados y no saben casi nada"
3º: ILUSTRACIÓN A PARTIR DAS SENSACIÓNS QUE PRODUCE A ESCOITA DUNHA PEZA:LIGAZÓN
4º: a.- Ilustración para o anaco que che teña tocado do relato 'Los dos reyes y los dos laberintos' de Jorge Luis Borges.
b.- Rótulo para acompañar a ilustración anterior nunha proxección de diapositivas. O rótulo ten que axudar a seguir a historia que estamos contando (NON ESQUEZAS QUE SE TRATA DUN TRABALLO DE PLÁSTICA, POLO QUE TEN QUE SER UN RÓTULO ARTÍSTICO)
c.- Rótulo coa palabra "FIN" para proxectar ao final da presentación (relé o comentario anterior).
O texto completo do relato pódelo ler a partir desta ligazón.
5º: Portada para o conto infantil ilustrado 'Los dos reyes y los dos laberintos'. Máis información aqui.
5º: Portada para o conto infantil ilustrado 'Los dos reyes y los dos laberintos'. Máis información aqui.
6º: Viñeta correspondente ao anaco que vos tocase da canción "El canto del gallo". Trátase de facer unha viñeta de maneira que coas 19 viñetas da clase se contase nunha banda deseñada a historia que conta a canción. Se queredes escoitar a canción, usade esta ligazón. Non copiedes a ilustración que aparece no vídeo, senón non será un traballo válido.
7º: BANDA DESEÑADA. Este traballo componse de 4 máis pequenos, que hai que facer na orde en que se indica:
a) Argumento (que ocupe unha 1 páxina) da historia que se vai desenvolver na banda deseñada.
b) Guión desenvolvido (nun mínimo de 24 viñetas). Para cada viñeta hai que indicar:
- "Viñeta nº X"
- descrición da imaxe que se ve (indicando tamén o tipo de plano que é)
- texto dos personaxes e do narrador, se os hai.
Evidentemente, para facer o guión é necesario ter antes o argumento
c) Reparto do espazo: Imos encaixar as viñetas (mínimo 24) en, exactamente, 4 folios. Dependendo do que vaia en cada viñeta e de como vaiamos de espazo (viñetas que queden por facer e espazo restante), deberá ocupar máis espazo ou menos na páxina.
Loxicamente, para facer o reparto do espazo temos que saber as viñetas que compoñen a historia e que ocorre en cada unha.
d) Banda deseñada debuxada e pintada, cos textos nos seus globos correspondentes, etc., seguindo as indicacións do guión.
Está claro que para isto é necesario ter feito o guión con anterioridade e o reparto do espazo, para delimitar o espazo no que temos que debuxar cada viñeta.
Póñovos o link dun ano anterior que fala un pouco máis polo miúdo do traballo.
quarta-feira, 9 de novembro de 2011
K4ND1N5KY E M4L3V1CH OU V1C3V3R5A

Inauguran estes días unha exposición no Museo del Prado en Madrid con fondos do Hermitage de San Petersburgo. Falaban, a raíz diso, de Málevich e de Kandinsky, dous dos artistas máis relevantes do século XX, rusos os dous.
Por iso vos poño 2x2 ligazóns para quen queira saber algo máis deles:
A ver se adivinades de quen e cada cadro... (é ben fácil...)
sexta-feira, 28 de outubro de 2011
PORTADA PARA 'LOS DOS REYES Y LOS DOS LABERINTOS'

O seguinte traballo que tedes que facer é unha portada para o conto ilustrado 'Los dos reyes y los dos laberintos'. Todos lestes algunha vez un conto ilustrado, no que teñen máis importancia as ilustracións que o texto, ou polo menos a mesma. As portadas nestes contos son, en realidade, unha ilustración máis, pero que é representativa de todo o relato.
Vós tedes que facer a portada para ese conto ilustrado. Ademais da ilustración, na portada do libro ten que figurar:
- TÍTULO DA OBRA
- AUTOR DA OBRA
- ILUSTRACIÓNS DE...
Póñovos aquí unha ligazón cun blog no que colocaron algunhas "portadas chulas" de novelas, basicamente. Tamén podedes facer unha busca en Google sobre portadas de libros infantiles...
Subscrever:
Mensagens (Atom)
