quarta-feira, 29 de setembro de 2021

CONSTRUCIÓN DO POLÍGONO REGULAR INSCRITO NUNHA CIRCUNFERENCIA (MÉTODO XERAL)

 

1. Trazar o diámetro da circunferencia.
2. Dividilo en tantas partes iguais como número de lados teña o polígono que queremos inscribir nela (se é un eneágono, por exemplo, dividímos o diámetro en 9 partes iguais)
3. Trazar a circunferencia, tomado o seu radio co compás (a metade do diámetro) e pinchando no punto medio do diámetro que trazamos previamente.
4. Collemos co compás a medida do diámetro e trazamos un arco pinchando en P (ver imaxe) e outro arco pinchando en A, de xeito que se corten no punto Q.
5. Trazamos a recta que pasa polo punto Q e pola SEGUNDA división que fixemos do diámetro, e prolongamos ata que corte a circunferencia do outro lado do diámetro. Así encontramos o punto B.
6. A distancia que hai entre A e B é a medida do lado do polígono inscrito. Collémola co compás e imos levándoa sobre a circunferencia, pinchando en B, logo en C, en D, etc.
7. Cando temos situados todos os vértices do polígono, unimos cada un deles co seguinte.

sexta-feira, 24 de setembro de 2021

sexta-feira, 3 de abril de 2020

PASO A PASO: EU FICO NA CASA
















DEBUXO DUN CADRO PASO A PASO

Sempre que se realiza un traballo de creación (pode ser literario, audiovisual, tecnolóxico ou do tipo que sexa), se queremos que saia o mellor posible convén ir do xeral ao detalle.
Leandro Lamas, co que xa traballamos, puxo estas trece imaxes para que vexamos como constrúe a imaxe final que vemos.
O que imos facer nós é copiar o cadro, indo paso a paso até completar a imaxe. Ao terminar, se queredes engadir algo, será estupendo, e finalmente teredes que darlle cor.
Se queredes ver as imaxes con máis calidade, facede click nelas.












sexta-feira, 20 de março de 2020

TRABALLO PARA O PERÍODO COMPRENDIDO ENTRE O 16 E O 27 DE MARZO

O traballo que tedes que facer é terminar o que comezamos o último día que tivemos clase. Haberá que entregalo o primeiro día que teñamos clase de novo.
Na seguinte entrada do blogue de Plástica (seguir ligazón) tedes explicado en que consiste, por se non o lembrades. Usade a plantilla que vos dei para escribir a historia (mellor a lapis, por se hai que facer trocos!!!) e non esquezades facer boa letra.
As dúbidas que teñades podedes consultarmas no meu correo envilope@edu.xunta.es

quarta-feira, 12 de junho de 2019

Non vaias á clase á final do eMove Festival!!! Vótanos!!!

Se queres que a nosa curta "non vaias á clase" pase á fase final do eMove festival fai click na seguinte ligazón
https://www.facebook.com/emovefestival/posts/1358173034331805?hc_location=ufi
e cando abra a nova pantalla dalle a Gústame. Non te vai levar máis tempo que o que te levou ler isto. Hai que facelo antes de que acabe xuño.
Se ademais replicas este texto aos teus amigos aumentarán as posibilidades de que cheguemos á final.
Grazas!!!

quarta-feira, 29 de maio de 2019

CATRO IMAXES CON DISTINTO GRAO DE ICONICIDADE

Para traballar os graos de iconicidade imos debuxar a seguinte imaxe empregando catro graos de iconicidade crecentes; é decir: a primeira terá o menor grao de iconicidade das catro e a cuarta terá o maior.
A imaxe corresponde ao momento en que Helen Keller coñeceu a Charles Chaplin. Este episodio é ben telo na memoria. En inglés, aquí.