sexta-feira, 15 de abril de 2011

ESCRITURA DUNHA HISTORIA A PARTIR DAS SÚAS ILUSTRACIÓNS

Normalmente faise o contrario, e iso xa o temos feito anteriormente neste ano. Agora trátase de escribir unha historia a partir de 10 imaxes que servirán como ilustracións da historia que escribides. Douvos 10 imaxes -todas son cadros do pintor Leandro Lamas (Narón, 1973)- e tedes que miralas, asignarlles unha orde e escribir a historia que ilustran, nesa orde que lle destes. O significado dunha imaxe depende de moitas cousas: evidentemente da propia imaxe en si (dos elementos que a compoñen, das formas que teñen, das cores utilizadas, dos contrastes, etc.) pero tamén depende tanto, polo menos, do propio espectador que interpreta esa imaxe (supoño que iso ficou ben claro cando vos invitei a que imaxinásedes que significado podía ter o stencil de "EAT THIS" o 11-9-2000 e o 11-9-2010: o único que cambiaría aí é o espectador, sendo a imaxe a mesma nas dúas datas). Dentro das características da imaxe, nesta actividade traballamos con como inflúe no significado dunha imaxe o feito de formar parte dunha secuencia. Deste xeito, en función de que imaxes acompañasen nunha secuencia a unha mesma imaxe, esta imaxe podería ter significados ben distintos. Vou poñéndovos as imaxes (xa vos digo que a orde en que van debédela decidir vós):

Sem comentários:

Enviar um comentário