quarta-feira, 30 de janeiro de 2019

BANDA DESEÑADA, 1º DE E.S.O.

Este traballo componse de 4 máis pequenos, que hai que facer na orde en que se indica:
2.05.- Argumento (que ocupe unha 1 páxina) da historia que se vai desenvolver na banda deseñada. A temática da historia é totalmente libre; pode ser orixinal ou unha adaptación.
2.06.- Guión desenvolvido (nun mínimo de 20 viñetas, máis o título). 
          Para cada viñeta hai que indicar:
- "Viñeta nº X"
- Descrición da imaxe que se ve na viñeta (indicando tamén o tipo de plano que é)
- Texto dos personaxes e do narrador, se os hai.
Evidentemente, para facer o guión é necesario ter feito antes o argumento.
2.07.- Reparto do espazo: Imos encaixar as viñetas (mínimo 20, máis o título) en, exactamente, 3 folios. Dependendo da acción que transcorrra en cada viñeta e de como vaiamos de espazo (cantas viñetas quedan por debuxar e canto espazo resta), deberá ocupar máis espazo ou menos na páxina.
Loxicamente, para facer o reparto do espazo temos que saber as viñetas que compoñen a historia e que ocorre en cada unha. O reparto realizarémolo nun folio divivido en 4 partes, ocupando tres delas (cada unha das partes representa unha carilla na que imos debuxar o comic).
2.08.- Banda deseñada debuxada e pintada, cos textos nos seus globos correspondentes, etc., seguindo as indicacións do guión.
Está claro que para isto é necesario ter feito o guión con anterioridade e o reparto do espazo, para delimitar o espazo no que temos que debuxar cada viñeta.
Póñovos o link dun ano anterior que fala un pouco máis polo miúdo do traballo, tendo en conta que neste ano o número de viñetas son 20 máis o título e que teñen que ocupar tres carillas.