quarta-feira, 29 de setembro de 2021

CONSTRUCIÓN DO POLÍGONO REGULAR INSCRITO NUNHA CIRCUNFERENCIA (MÉTODO XERAL)

 

1. Trazar o diámetro da circunferencia.
2. Dividilo en tantas partes iguais como número de lados teña o polígono que queremos inscribir nela (se é un eneágono, por exemplo, dividímos o diámetro en 9 partes iguais)
3. Trazar a circunferencia, tomado o seu radio co compás (a metade do diámetro) e pinchando no punto medio do diámetro que trazamos previamente.
4. Collemos co compás a medida do diámetro e trazamos un arco pinchando en P (ver imaxe) e outro arco pinchando en A, de xeito que se corten no punto Q.
5. Trazamos a recta que pasa polo punto Q e pola SEGUNDA división que fixemos do diámetro, e prolongamos ata que corte a circunferencia do outro lado do diámetro. Así encontramos o punto B.
6. A distancia que hai entre A e B é a medida do lado do polígono inscrito. Collémola co compás e imos levándoa sobre a circunferencia, pinchando en B, logo en C, en D, etc.
7. Cando temos situados todos os vértices do polígono, unimos cada un deles co seguinte.