En calquera imaxe debemos aprezar o grao de semellanza que ten con aquilo que representa: se é moito, diremos que ten un alto grao de iconicidade e baixo se a semellanza é pouca.
Non todos os medios de representación de imaxes captan o mundo exterior co mesmo grao de iconicidade. Por exemplo, unha cámara de fotos rexistra a realidade moi fielmente, sobre todo se o fai en cor, pero a súa iconicidade é menor cá do cinema, que ademais representa o movemento e o son. Calquera debuxo terá un grao de iconicidade menor cós medios citados anteriormente.
Dentro da historia da pintura, tense representado a realidade con graos de iconicidade moi distintos; velaquí tedes dous exemplos:


Sabes o nome dos autores destes dous retratos?
Cal ten un grao de iconicidade maior?
Abraham Moles intentaou plasmar na seguinte táboa os diferentes niveis de iconicidade posibles:
Outra clasificación, menos completa pero máis fácil de entender, tédela a seguir:
Sem comentários:
Enviar um comentário