segunda-feira, 23 de outubro de 2017

segunda-feira, 16 de outubro de 2017

segunda-feira, 9 de outubro de 2017

XIRO DE POLÍGONOS

















Para xirar calquera polígono un ángulo calquera en torno ao centro de xiro "O" hai que seguir o seguinte procedemento xeral:
1. Unir os vértices do polígono co punto O.
2. Trazar un arco que vai cortando as liñas de unión do centro cos vértices.
3. Copiar o ángulo de xiro para situar os puntos de corte xirados.
4. Unir o centro de xiro cos puntos de corte xirados, e prolongar a liña.
5. Trazar arcos, con centro en O, desde cada vértice do polígono inicial até que corten as liñas do punto 4. Eses puntos en que os arcos cortan as liñas son os vértices do polígono xirado.
O xiro pode ser dextróxiro (no sentido das agullas do reloxo) ou levóxiro (no contrario).

terça-feira, 3 de outubro de 2017

ÓVALOS E OVOIDES

Póñovos estas imaxes como recordatorio de como se constrúen...
... os ovoides coñecendo os eixos maior e menor

... os óvalos regulares coñecendo o eixo maior










... os óvalos regulares coñecendo o eixo menor



terça-feira, 26 de setembro de 2017

CONSTRUCIÓN DUN PENTÁGONO A PARTIR DO LADO

Póñovos un vídeo de YouTube onde o explican


Se preferides fixar unha soa imaxe:



















Como o debuxamos?
1. Trazamos o lado, cuxos extremos son A e B, e prolongamos cara á dereita do punto B.
2. Trazamos a mediatriz do lado (xa explicamos como se fai). O punto no que a mediatriz corta o lado é o punto O.
3. Facemos unha perpendicular ao lado polo punto B.
4. Trazamos un arco con centro en B e que teña como radio a lonxitude do lado. Imos facer un arco que sexa case media circunferencia.
5. O punto no que este arco corta a perpendicular ao lado é o punto F.
6. Trazamos un arco con centro en O e con radio a distancia entre O e F, de xeito que corte a prolongación do lado. O punto de corte é o punto G.
7. Trazamos un arco con centro en A e con radio a distancia entre A e G, de xeito que corte o arco que trazamos no paso 4. Ese punto de corte é o punto C e é o terceiro vértice do pentágono.
8. Se prolongamos o arco que trazamos no paso 7 ata que corte a mediatriz obtemos o punto D, que é o cuarto vértice do pentágono.
9. Tomamos co compás a lonxitude do lado e facemos un arco con centro en D e outro con centro en A, de xeito que se corten no punto E. Ese é o quinto vértice do pentágono.
10. Unindo os vértices entre si obtemos o pentágono a partir da lonxitude do lado.