quarta-feira, 16 de novembro de 2011

TRABALLOS DA 1ª AVALIACIÓN: ANO 2011-2012

1º: ILUSTRACIÓN PARA UN RELATO CORTO: LIGAZÓN
2º: ILUSTRACIÓN PARA UNHA FRASE CONSTRUÍDA AO CHOU POLA CLASE: "Me llamo Juan Palomo y tengo cuatro macarrones en la cocina pero están caducados y no saben casi nada"
3º: ILUSTRACIÓN A PARTIR DAS SENSACIÓNS QUE PRODUCE A ESCOITA DUNHA PEZA:LIGAZÓN
4º: a.- Ilustración para o anaco que che teña tocado do relato 'Los dos reyes y los dos laberintos' de Jorge Luis Borges.
b.- Rótulo para acompañar a ilustración anterior nunha proxección de diapositivas. O rótulo ten que axudar a seguir a historia que estamos contando (NON ESQUEZAS QUE SE TRATA DUN TRABALLO DE PLÁSTICA, POLO QUE TEN QUE SER UN RÓTULO ARTÍSTICO)
c.- Rótulo coa palabra "FIN" para proxectar ao final da presentación (relé o comentario anterior).
O texto completo do relato pódelo ler a partir desta ligazón.
5º: Portada para o conto infantil ilustrado 'Los dos reyes y los dos laberintos'. Máis información aqui.
6º: Viñeta correspondente ao anaco que vos tocase da canción "El canto del gallo". Trátase de facer unha viñeta de maneira que coas 19 viñetas da clase se contase nunha banda deseñada a historia que conta a canción. Se queredes escoitar a canción, usade esta ligazón. Non copiedes a ilustración que aparece no vídeo, senón non será un traballo válido.
7º: BANDA DESEÑADA. Este traballo componse de 4 máis pequenos, que hai que facer na orde en que se indica:
a) Argumento (que ocupe unha 1 páxina) da historia que se vai desenvolver na banda deseñada.
b) Guión desenvolvido (nun mínimo de 24 viñetas). Para cada viñeta hai que indicar:
- "Viñeta nº X"
- descrición da imaxe que se ve (indicando tamén o tipo de plano que é)
- texto dos personaxes e do narrador, se os hai.
Evidentemente, para facer o guión é necesario ter antes o argumento
c) Reparto do espazo: Imos encaixar as viñetas (mínimo 24) en, exactamente, 4 folios. Dependendo do que vaia en cada viñeta e de como vaiamos de espazo (viñetas que queden por facer e espazo restante), deberá ocupar máis espazo ou menos na páxina.
Loxicamente, para facer o reparto do espazo temos que saber as viñetas que compoñen a historia e que ocorre en cada unha.
d) Banda deseñada debuxada e pintada, cos textos nos seus globos correspondentes, etc., seguindo as indicacións do guión.
Está claro que para isto é necesario ter feito o guión con anterioridade e o reparto do espazo, para delimitar o espazo no que temos que debuxar cada viñeta.
Póñovos o link dun ano anterior que fala un pouco máis polo miúdo do traballo.

Sem comentários:

Enviar um comentário