Para veres as portadas con máis detalle, fai clic sobre elas.
quinta-feira, 2 de outubro de 2025
quinta-feira, 12 de junho de 2025
Impresionante grao de iconicidade
... o que posúe esta figura da porta de Zamo Tamay, no número 14 da Rúa Nova de Arriba de Santiago de Compostela.
De feito, é moi frecuente escoitar a xente que pasa dicir "pensei que era unha persoa de verdade", "sempre penso que é un peregrino" e outras cousas polo estilo.
Aí segue, ano tras ano, co seu grao de iconicidade intacto.
terça-feira, 17 de dezembro de 2024
Unha fotografía de concurso sobre lectura obxectiva e subxectiva de imaxes
Hai uns días a fotografía que encabeza estas liñas -obra do ribeirense Manuel Iglesias, Lesmes- foi seleccionada para representar a España na World Photographic Cup.
Se queres saber máis sobre ela, podes ler ESTA NOTICIA do Diario de Arousa.
En todo caso, podes facer a súa lectura subxectiva e obxectiva sen necesidade de ler a noticia...
Sobre a lectura obxectiva de imaxes:
https://www.slideshare.net/enplastica/la-lectura-objetiva-de-imagenes
Sobre a lectura obxectiva e subxectiva de imaxes:
https://oscarenfotos.com/2016/02/15/lectura-fotografica-lo-objetivo-y-lo-subjetivo/
quinta-feira, 5 de maio de 2022
SIMBOLISMO DAS CORES
O simbolismo das cores varía moito dunha cultura a outra e mesmo, dentro dunha mesma cultura, pode variar moito dunhas épocas a outras.
Nesta imaxe tedes un resumo das referencias naturais e do significado dalgunhas cores:
Nas seguintes webs tés unha pequena descrición do simbolismo das diferentes cores:
Amarelo, vermello, laranxa e azul
Nesta outra web tedes outro punto de vista: SEGUIR LIGAZÓN
Se queredes ver a aplicación das distintas cores para as estancias dunha vivenda podedes seguir esta outra.
E se queredes coñecer máis a fondo o tema, aínda vos deixo unha máis.
sexta-feira, 4 de março de 2022
CORES FRÍAS E CORES CÁLIDAS
Resumindo moito, podemos decir que as cores cálidas son as que transmiten sensación de calor e as frías as que transmiten sensación de frío.
O problema é que esta simplificación é moi subxectiva.
CORES CÁLIDAS
A maior parte das cores cálidas (falando de cores pigmento) obtéñense ao mesturar maxenta e amarelo. Polo tanto todos os vermellos, laranxas, amarelos e rosas son cores cálidas.Ao mesturar amarelo cun chisco de cyan podemos obter amarelos verdosos, que son tamén cores cálidas, e ao mesturar maxenta cun chisco de cyan podemos obter determinadas tonalidades de violeta que tamén se poden considerar cálidas.
CORES FRÍAS
Simplificando moito, as cores frías son todas as azuis e verdes, e algunhas tonalidades de violeta, se as percibimos máis póximas ao cyan que ao maxenta.Nesta web tedes unha explicación máis extensa.
A sensación térmica das cores (se son frías ou quentes) inflúe moito no seu simbolismo, do cal falamos NESTE OUTRO POST.
quarta-feira, 29 de setembro de 2021
CONSTRUCIÓN DO POLÍGONO REGULAR INSCRITO NUNHA CIRCUNFERENCIA (MÉTODO XERAL)
sexta-feira, 24 de setembro de 2021
sexta-feira, 3 de abril de 2020
DEBUXO DUN CADRO PASO A PASO
Leandro Lamas, co que xa traballamos, puxo estas trece imaxes para que vexamos como constrúe a imaxe final que vemos.
O que imos facer nós é copiar o cadro, indo paso a paso até completar a imaxe. Ao terminar, se queredes engadir algo, será estupendo, e finalmente teredes que darlle cor.
Se queredes ver as imaxes con máis calidade, facede click nelas.
sexta-feira, 20 de março de 2020
TRABALLO PARA O PERÍODO COMPRENDIDO ENTRE O 16 E O 27 DE MARZO
Na seguinte entrada do blogue de Plástica (seguir ligazón) tedes explicado en que consiste, por se non o lembrades. Usade a plantilla que vos dei para escribir a historia (mellor a lapis, por se hai que facer trocos!!!) e non esquezades facer boa letra.
As dúbidas que teñades podedes consultarmas no meu correo envilope@edu.xunta.es
quarta-feira, 12 de junho de 2019
Non vaias á clase á final do eMove Festival!!! Vótanos!!!
https://www.facebook.com/emovefestival/posts/1358173034331805?hc_location=ufi
e cando abra a nova pantalla dalle a Gústame. Non te vai levar máis tempo que o que te levou ler isto. Hai que facelo antes de que acabe xuño.
Se ademais replicas este texto aos teus amigos aumentarán as posibilidades de que cheguemos á final.
Grazas!!!
quarta-feira, 29 de maio de 2019
CATRO IMAXES CON DISTINTO GRAO DE ICONICIDADE
A imaxe corresponde ao momento en que Helen Keller coñeceu a Charles Chaplin. Este episodio é ben telo na memoria. En inglés, aquí.
terça-feira, 21 de maio de 2019
MÉTODO XERAL POLÍGONOS REGULARES
Como debedes recordar, trázase de dividir a circunferencia nun número de partes iguais ao número de lados do polígono, e logo unir esas divisións.
















































