segunda-feira, 14 de fevereiro de 2011

MANDALAS

Xa que estamos traballando sobre mandalas, póñovos aquí dous documentos audiovisuais sobre eles :
O primeiro fala do que son os mandalas en xeral, particularizando tamén o seu papel nas prácticas orientais. Non fagades caso cando din, por exemplo, que son complicados de debuxar...


O segundo é unha animación a partir de imaxes de mandalas con música suave.


Se vos gustou o asunto dos mandalas e queredes imprimir para pintar máis, tédelo fácil. Se non sabedes inglés, tamén.

quinta-feira, 20 de janeiro de 2011

CLAUDE DEBUSSY, ARABESCO Nº 1



O traballo consiste en realizar unha obra (ilustración) a partir das sensacións producidas pola escoita desta música (non poñades alguén tocando o piano nin copiedes directamente as imaxes que aparecen no vídeo!!!)

quarta-feira, 19 de janeiro de 2011

quarta-feira, 10 de novembro de 2010

BANDA DESEÑADA PASO A PASO

Componse de 4 máis pequenos:

TRABALLO 1

Escribir o argumento dunha historia que vai servir para realizar un cómic (banda deseñada) de 3 páxinas. O argumento debe estar suficientemente desenvolvido para poder realizar logo, a partir del, o guión da banda deseñada. Non vos quededes coa primeira idea que teñades: normalmente despois de escribir unha primeira idea, se se pensa un pouco sobre ela, vense lugares onde mellorar a historia.

TRABALLO 2

Desenvolver o argumento do punto 1.- nun guión que indique, viñeta a viñeta:

a) Identificación (Número da viñeta); por exemplo: “Vineta nº 1”

b) Descrición da imaxe; por exemplo: “Nun plano americano vemos dúas rapazas que saen do mar, na praia; unha delas (Xoana) leva na man unha ametralladora e a outra (Uxía) un ramo de flores”.

Os tipos de planos e a súa utilidade tela explicada NESTA ANTIGA ENTRADA.

c) Texto do narrador (se o hai); por exemplo: “Xoana e Uxía gostaban da praia, pero tiñan uns costumes nela que non eran os máis habituais”

d) Texto dos personaxes (se o hai), na orde na que se producen na historia (coas acoutacións sobre o tono que empregan, de ser o caso); por exemplo:

- Xoana (susurrando): Non sei se se equivocaría Laporta con Umtiti...

- Uxía (susurrando, pero enfadada): Déixate de lerias, que tés que matar!!!

- Xoana (susurrando): Por iso! É para non pensar...

O guión desenvolvido ten que contar cun mínimo de 24 viñetas.

TRABALLO 3

Repartir o espazo dos 3 folios no que se vai debuxar a banda deseñada entre as viñetas nas que se teña desenvolvido a historia. Normalmente --como podedes ver nas imaxes da B.D. que vos poño a seguir--, non todas as viñetas precisan do mesmo espazo, senón que, dependendo do que ocorre en cada viñeta, o espazo que se lle adica é diferente. 



Para representar o reparto do espazo dividimos un folio en 4 partes, de xeito que cada cuarto de folio representa un dos folios nos que se vai debuxar e pintar a banda deseñada (como son só 3 páxinas, un dos espazos do folio quedaría baleiro).

TRABALLO 4

Debuxar e pintar a banda deseñada, de acordo co guión desenvolvido e co reparto do espazo dos 3 folios anteriores. Non é imprescindible pintar o cómic, pero optar por un cómic en branco e negro é moi arriscado porque se precisa bastante dominio da técnica para conseguir un produto suficientemente bo. Por iso, recoméndovos que o cómic sexa a cor.

terça-feira, 9 de novembro de 2010

LOS DOS REYES Y LOS DOS LABERINTOS

Eis unha presentación en Power Point co texto íntegro do conto sobre o que hai que facer as ilustracións. Non levou para aí moito tempo facelo.

quarta-feira, 3 de novembro de 2010

EL CANTO DEL GALLO

Outra das actividades que facemos cada ano é dividir a letra da canción 'El canto del gallo', de Radio Futura, en anacos entre os membros da clase de xeito que cadaquén faga unha ilustración co que lle toque, como se fosen viñetas dunha banda deseñada.
Pensei nesta actividade antes de saber que Max xa o tiña feito, e a idea é compor cos traballos dos alumnos unha montaxe como a que segue:

quinta-feira, 21 de outubro de 2010

COMICS ON LINE

Quen queira aferrarse a aquilo de que "eu non sei debuxar", o cal xa sabemos que non é nunca certo, pode facer comics coa axuda do computador, na Rede, sen ter que coller un lapis. Pero o que sempre necesitará é ter unha historia para contar, desenvolvela en viñetas e pensalas en planos. Un posible sitio para debuxar comics na Rede é este.