sexta-feira, 3 de abril de 2020

PASO A PASO: EU FICO NA CASA
















DEBUXO DUN CADRO PASO A PASO

Sempre que se realiza un traballo de creación (pode ser literario, audiovisual, tecnolóxico ou do tipo que sexa), se queremos que saia o mellor posible convén ir do xeral ao detalle.
Leandro Lamas, co que xa traballamos, puxo estas trece imaxes para que vexamos como constrúe a imaxe final que vemos.
O que imos facer nós é copiar o cadro, indo paso a paso até completar a imaxe. Ao terminar, se queredes engadir algo, será estupendo, e finalmente teredes que darlle cor.
Se queredes ver as imaxes con máis calidade, facede click nelas.












sexta-feira, 20 de março de 2020

TRABALLO PARA O PERÍODO COMPRENDIDO ENTRE O 16 E O 27 DE MARZO

O traballo que tedes que facer é terminar o que comezamos o último día que tivemos clase. Haberá que entregalo o primeiro día que teñamos clase de novo.
Na seguinte entrada do blogue de Plástica (seguir ligazón) tedes explicado en que consiste, por se non o lembrades. Usade a plantilla que vos dei para escribir a historia (mellor a lapis, por se hai que facer trocos!!!) e non esquezades facer boa letra.
As dúbidas que teñades podedes consultarmas no meu correo envilope@edu.xunta.es

quarta-feira, 12 de junho de 2019

Non vaias á clase á final do eMove Festival!!! Vótanos!!!

Se queres que a nosa curta "non vaias á clase" pase á fase final do eMove festival fai click na seguinte ligazón
https://www.facebook.com/emovefestival/posts/1358173034331805?hc_location=ufi
e cando abra a nova pantalla dalle a Gústame. Non te vai levar máis tempo que o que te levou ler isto. Hai que facelo antes de que acabe xuño.
Se ademais replicas este texto aos teus amigos aumentarán as posibilidades de que cheguemos á final.
Grazas!!!

quarta-feira, 29 de maio de 2019

CATRO IMAXES CON DISTINTO GRAO DE ICONICIDADE

Para traballar os graos de iconicidade imos debuxar a seguinte imaxe empregando catro graos de iconicidade crecentes; é decir: a primeira terá o menor grao de iconicidade das catro e a cuarta terá o maior.
A imaxe corresponde ao momento en que Helen Keller coñeceu a Charles Chaplin. Este episodio é ben telo na memoria. En inglés, aquí.

terça-feira, 21 de maio de 2019

MÉTODO XERAL POLÍGONOS REGULARES

O método xeral para trazar o polígono regular, de calquera número de lados, inscrito nunha circunferencia tédelo explicado nesta ligazón. Nunha imaxe, tédelo xa aquí.
Como debedes recordar, trázase de dividir a circunferencia nun número de partes iguais ao número de lados do polígono, e logo unir esas divisións.


sábado, 11 de maio de 2019

Premios Olloboi

Nesta ligazón tedes a noticia no blog da nosa curta.