Eis o argumento do noso filme; aínda nos falta por poñerlle título (xa llo poremos):
Uns amigos pijos deciden ir de camping a unha illa onde sucedeu hai dez anos unha catástrofe nuclear, atraídos polo misterio do lugar, pasando das recomendacións de non ir alá. Como son moi novos e son xente de pasta (polo menos algúns), lévaos o chófer e déixaos na illa quedando en recollelos dous días despois. Durante ese tempo van quedar illados na illa porque, aínda que ten unha ponte que a conecta co continente, cando foi a catástrofe nuclear baleiraron un contorno de 30 km.
Póñenese a montar as tendas pero non dan, así que collen todos os cachivaches e bótanse a andar pola illa ata que encontran as ruínas dun Motel, no que deciden acampar. Remexendo na planta baixa encontran un baúl con cadros. Gústanlles e lévanos para decorar o sitio onde durman.
Paralelamente, despois de chegar eles, chega Héctor á illa para levar os cadros e non os encontra no seu sitio, pero si o baúl. Cando está marchando ve ao lonxe chegar a Paula e pensa que vén para tenderlle unha trampa (poñerlle unha bomba no baúl, por exemplo, e quedar ela coa pasta dos cadros), polo que decide quedar na illa para torturala, sacarlle onde agachou os cadros e logo matala (pero para iso, primeiro, terá que esconder o seu coche): “vouna torturar, sonsacar... e matar!!! Por algo a 1ª conxugación foi sempre a miña preferida!”
Chega Paula ao Motel para coller os cadros pero, de camiño, encóntrase cos rapaces. Inventa calquera desculpa para gañar tempo, “cando estou estresada veño pasear pola illa porque nunca hai ninguén”, e logo pillar os cadros. Acaban convencéndoa para que suba ao dormitorio (a coller algo, a mirar que mono lles quedou...) e alí ve os cadros. Agora é ela a que quere quedar.
Namentres, Héctor segue agachado e nada máis Paula chega sabotéalle o coche (se non o vemos podemos pensar que foi Lucía).
Paula non é capaz de encontrar un momento para coller o coche e liscar, así que vai integrándose na dinámica do grupo. Lucía e Juan saen buscar madeira e ven o coche de Héctor agachado no bosque (Juan: “está quente”), polo que deducen que hai alguén máis na illa. Héctor veos alí, entre os arbustos, cando encontran o seu coche. Juan quere decirlle aos outros que encontraron o coche, porque o normal é decilo, pero Lucía négase, “por non preocupalos, porque seguro que non é nada”, di ao principio, e logo vai ser máis rotunda e chega a ameazar a Juan (que ten merecida fama de listillo) para que fique calado, porque o que ela quere é utilizar o coche para fuxir cos cadros, porque ela recoñeceu os cadros cando os viu, sabe que son cadros roubados, quen os pintou e os cartos que valen.
Xa é noite pecha, e teñen candís, ou unha pequena fogueira acesa. Fan a cea. Despois de cear Damián, que é o mozo de Lucía e está no grupo por iso (en realidade coñéceno pouco, e unha das desculpas de ir de acampada era para coñecelo un pouco mellor), proponlles facer unha ouija. Na ouija sae un espírito dun neno, que se chama Nico. Morrera alí cando o accidente da nuclear e está alí atrapado porque non encontra a súa pelota, que lla levaran outros nenos, e se non a encontra a súa irmá vai enfadarse moito. Nesas, alborótanse porque escoitan ruídos abaixo (é Héctor, que anda remexendo e tropeza, e golpea unha pelota) e cando miran polo oco das escaleiras ven unha pelota rodando, e Carlota ponse a berrar como unha tola (porque é bastante histérica). En teoría, Damián é o que move o vaso.
Despois de todo, como xa non ten moitas excusas para quedar, Paula di que marcha coa idea de volver noutro momento e levar os cadros. Algúns, especialmente Carlota, dinlle que fique porque teñen medo, pero di que non: “teño vida!”. Así que saen fóra, van arrancar o coche pero o coche non arranca. Paula pensa:
a) xa lle tocaba...
b) aquí hai algún rapaz que sabe algo dos cadros
c) uy, uy, uy... Héctor!
Abren o capó e ven que hai cables arrancados, ou cortados, e que faltan as buxías, o cal indica claramente que houbo unha sabotaxe, o que invalida a opción a). De maneira que Paula ten que quedar con eles, e en todo caso, calquera das opcións que baralla non lle parece boa; os rapaces, pola súa parte, deben de pensar que Paula está medio tola por facerlle iso ao seu coche (menos Juan e Lucía, que xa pensan que pode haber outra persoa). Con cadansúa sospeita, a xente vai durmir, deixando, iso si, a pelota fóra. É Carlota a que se ocupa de deixala á entrada do motel antes de meterse no saco.
No medio da noite Lucía levántase para intentar arrancar o coche de Héctor e non dá. Entón sabotéao (pínchalle as rodas, arráncalle algúns cables do capó... así pode facernos pensar que fora ela quen saboteara tamén o de Paula). Cando volve ao Motel recolle a pelota, súbea e pona ao lado de Carlota. Ao espertar, Carlota pega un berro dos seus e esperta a todos.
Durante o día, adícanse a gozar da illa, van á praia, dar uns paseíños... ao caer a tarde Lucía e Damián van dar un paseo pola súa conta e o resto por outro. Cando xa están volvendo ao Motel, xa bastante cerca, encontran os restos dun ritual satánico, con moito sangue, unha galiña degolada... Juan toca a galiña: “aínda está quente”. Celia é unha rapaza bastante católica e cóntalles que sospeita de que Damián pode ser satánico (pode que coñeza algún satánico que sabe que é amigo de Damián, ou que lle veu algunha tatuaxe, ou que saíse nalgunha conversa, ou todo á vez). Carlota, ao escoitalo, ponse a berrar fóra de si e Emilio (típico machito machote machista) sacúdea para que cale. Entón Juan cóntalles o do coche e a súa sospeita de que, vistos os restos do ritual, pode ser que o coche o trouxesen os amigos satánicos de Damián e que, se cadra, por iso Lucía non quería que lles dixese nada. Entón a Carlota dalle outro ataque. Paula, que empeza a sospeitar máis na posibilidade de Héctor que na de Lucía, pídelle a Juan que lles leve onda o coche. Alá van todos, pero Juan non o dá encontrado:
J: tiña que estar por aquí... igual é noutro sitio
E: vaia co listillo...
Simultaneamente, Héctor encontra a Lucía moribunda entre uns matorrais (que, loxicamente, fala cun pequeno fío de voz)
L: Damián...
H: Que Damián?
L: Os cadros...
H: Os cadros???
L: O coche...
H: Que lle pasa ao coche???
L: Axuda... morro...
H: Que sabes dos cadros?
L: Roubados...
H: Quen o sabe?
L: ...
H: Quen o sabe?
L: ...
H: Quen o saaaaaaaabeeeeeeeeee??????????
Faise de noite e Lucía e Damián non volven ao Motel. Saen buscalos todos xuntos. Tópanse con Damián.
D: Non sei o que lle pasou. Enfadouse por calquera tontería e marchou a correr...
CA: Aaaahhhhhh!!!!
D: E a esta que lle pasa?
E: Non sexas cínico! Sabemos que es satánico e que hoxe pola tarde tiveches festa...
D: Pero que dis? Satánico eu? Festa?
J: entón... por que tés sangue nas botas?
Damián deslízase detrás duns arbustos e di: “que botas?” e a continuación marcha correndo. Saen todos correndo detrás del pero non o collen, porque as ás do demo son máis rápidas que o calzado duns simples excursionistas. Unha vez que ven que non o poden coller, falan e deciden que un grupo debería ir ao Motel para atrapar a Damián (Emilio, Paula e Celia) e outro buscar os restos de Lucía (Juan e Carlota).
O grupo que chega ao Motel encóntrao todo igual e deciden esperar, escondidos, a Damián, para tenderlle unha emboscada.
Juan e Carlota encontran o cadáver de Lucía, cun brazo saíndo entre uns matorrais. Juan tócao e di “aínda está quente”. Nese momento, unha machada córtalle o brazo a Juan. A machada manéxaa Damián, que a continuación di: “quente vas quedar ti” e córtalle o pescozo. Carlota, como é costume, ponse a berrar:
CA: Aaahhh!!! Non! Damián! Non o fagas!
Héctor, que estaba agachado entre os matorrais (vese que eran ben espesos porque Héctor e Damián estaban os dous alí agachados e non sabían un do outro), sae nese momento.
H: así que ti es Damián...
D: E ti quen es?
H: eu son Héctor
D: encantado... vouche dar
H: non vai ser tan doado conmigo.
D: iso verémolo
H: sei que o fas todo polos cadros, a nena díxomo
D: de que cadros falas?
H: non te fagas o tolo...
Carlota marcha dalí e déixaos discutindo e pelexando. Na liorta, Héctor acaba no solo. Damián vai matalo coa machada pero asestarlle o ‘golpe’ definitivo engánchase coa póla dunha árbore, golpéase a cara, cae cara atrás, o brazo que sobresae de Lucía faille a zancadilla, desequilíbrao, anda medio caendo para atrás, pisa a cabeza cortada de Juan e o desequilibrio fai que caia sobre un tronco cortado que se lle crava na espalda e lle atravesa o peito.
D: Satán....
H: ufff (respira tranquilo ao ver o preto que estivera de morrer).
Carlota chega ao Motel.
CA: están pelexando, e Damián xa matou a Lucía e Juan, e Héctor quere matar a Damián!!! E todo polos cadros!!!
E: a ver, a ver, tranquilízate. Que dis?
CA: Hai un home na illa, que se chama Héctor. Juan e eu encontramos o corpo de Lucía (aínda estaba quente). Entón apareceu Damián e matou a Juan, e cando ía matarme apareceu Héctor...
E: Pero quen é Héctor?
P: Bueno, rapaces, creo que teño algo que contarvos.
A historia de Héctor e Paula pódese contar toda aquí (se se contase aquí podemos ter o recurso da voz de Paula como voz en off que serve para facer máis doado o tratamento visual) ou a cachos polo medio: HP eran estudantes de Belas Artes. Viaxaron moito polo mundo vendo museos, monumentos, casas modernas... Héctor seduciuna, acabaron liados e convenceuna para roubar uns cadros dunha exposición, onde sabía que as medidas de seguridade eran moi escasas e o valor dos cadros moi alto. O seu plan era fuxir cos cadros, vendelos no mercado negro e ir vivir das rendas a Brasil, onde poderían crear a súa arte xa sen obrigas económicas. Vemos como os rouban, os agachan no Motel da illa e marchan dalí. Co paso dos días na prensa vaise falando cada vez máis do roubo, difunden as fotos dos cadros, e Paula intenta convencelo de que é mellor que digan onde están os cadros para que a policía non os atrape. El dille que non, que todo vai saír ben, e ela, como está namorada del (pobriña) creo. Pero un día, casualmente, Paula ve no móbil de Héctor que está realizando con frecuencia chamadas a unha antiga moza del (Loli). Paula pregúntalle por ela, sen dicirlle nada do móbil, e el di que non sabe nada de Loli desde hai anos, desde que deixaran a relación. Paula comprende que lle está poñendo os cornos coa outra. Héctor, que non é parvo, a partir da conversa sobre Loli sospeita que Paula se enterou. Entón, Paula xa non está retida polo amor, senón máis ben impulsada polo desexo de vinganza, para non devolver os cadros (aínda que tampouco quere delatar a Héctor porque iso suporía que ela tamén estaría implicada como encubridora) á policía, e por iso fora á illa. Héctor, en cambio, quere seguir co plan, e visto como están as cousas, igual non lle interesa deixar moitas testemuñas...
E: pois que veñan por aquí, que xa lles vou dar eu cadros...
P: home, somos catro, igual non temos por que preocuparnos...
CA: que non, que non, que están tolos...
P: que somos catro!!!
CA: eu marcho!
P: bueno, pois tres
CE: non, dous, eu marcho tamén
E: pero onde ides ir? Se marchades vós si que vos poden matar...
CE: non, porque non van vir por nós. Eles o que queren son os cadros.
CA: E os cadros están aquí. Ademais este Motel está maldito, dame moi mala espiña...
E: pero se estamos xuntos non vai pasar nada...
CE: A avaricia é un pecado capital
E: Xa está a cristiana...
CE: Carlota, aínda que sexa unha histérica, ten razón. Temos que desfacernos dos cadros
E: pero se os destruímos ou os afundimos van querer matarnos igual para sonsacarnos, porque poden pensar que os agachamos nalgún sitio en vez de eliminalos...
P: Mmmmmm.... hai unha solución!
CE: Cal?
PA: queimalos á metade: así non teñen valor pero está claro que non os agachamos...
E: Pero entón vanse cabrear... ou poden pensar que son unha copia... ti es pintora...
PA: desculpa: escultora. E ademais aquí non hai lenzos nin...
CE: Basta de lerias! Eu quero queimalos, Carlota tamén e Paula tamén. Así que ti es o único que non quere...
E: E que ides facer? Queimarme con eles?
CE: non deas ideas.
E: Pensade un pouco: se queimades os cadros...
CA+P: Xa non van querer matarnos!!!
E: como non? Non quedamos en que Juan e Lucía están mortos? Somos testemuñas de dous asasinatos!
P: mira, non sei... eu non creo que Héctor matase polos cadros, pero, polo que parece, Damián si...
CE: nunca me gustou...
E: Non sei... pensade o que poderíamos facer con esa pasta...
P: pero dalle! Non ves que nos queren matar?
CE: si! Es un avaro!
E: que avaro ni que hostia! Xa non teríamos que traballar nunca. Non ves que eses cadros valen un millón de euros cada un???
P: bueno, tampouco te pases...
CE: E ademais non os podes vender como se foses so supermercado. Tés que agachalos e vendelos no mercado negro...
P: Si... e terías a policía detrás...
E: Pero... joder, que é unha pasta!!!
CE: Dios mío!!! Teño problemas de personalidade!!!
E: e esta que di?
CE: empeza a non parecerme tan mala idea o de vendelos...
E: Ah! Logo si...
P: pero que dicides? Celia! Como podes dicir iso?
CA: non discutades máis!!! Xa están ardendo
E: pero que fixeches!!!
P: por fin alguén fai algo...
Achéganse aos cadros para intentar sacalos e Carlota empurra un bidón de gasolina que cae aos pés deles e logo tumba o dos cadros, de maneira que prende a gasolina que teñen aos pés.
CA: agora tócavos arder a vós.
Estas imaxes vanse alternando con imaxes de Carlota volvendo ao sitio onde Damián está cravado e Héctor no solo, vese como colle unha estaca e, aproveitando que Héctor está aínda deitado lla crava nun ollo, e lle atravesa a cabeza. E grítalles aos outros mentres arden: “fóra do Motel! Deixádenos en paz! Xa vos dixen que fósemos a Baiona!!!”
Cando están todos medio chamuscados dinlle que está tola, que van dar con ela, e ven como Carlota mira noutra dirección e vemos o que ela ve: a Nico aparecer detrás dunha porta coa pelota e dille.
CA: vamos, Nico. Agora por fin poderás xogar tranquilo. FIN
sexta-feira, 27 de novembro de 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário