ESCENA 1:
(Carlota) de costas falando co seu psiquiatra, que lle pregunta sobre a súa infancia na illa, reiteradamente porque ela non responde.
CRÉDITOS INICIAIS
ESCENA 2:
Habitación de Carlota, de día. Fala por teléfono fixo con Celia sobre a viaxe á illa, dicindo que ela prefire ir a Baiona, e Celia dille que é mellor a illa, que van estar máis tranquilos, sen tanta xente. Intercálanse imaxes dunha e doutra, cada unha no seu cuarto. Cando colga vese unha foto dela cun neno pequeno (click).
ESCENA 3:
Celia fala por teléfono, como antes, con Lucía (que está nun bar con Damián), que lle confirma que Damián pode ir á viaxe. Despídense e Celia colga. Ao lado do teléfono ten varias estampas e un crucifixo. Fundido encadeado con escena seguinte.
ESCENA 4:
Celia, Carlota, Juan e Emilio esperan nunha rúa dunha urbanización pola limusina. Celia critica a Damián porque di que só quere a Lucía polo seu diñeiro. Carlota protesta e di por que non van a Baiona en vez de ir a ese sitio que seguro que está cheo de ratas mutantes. Dinlle que cale. Chega a limusina con Lucía e Damián e para diante deles.
ESCENA 5:
Quedan os seis ao pé da limusina, como estaban antes pero con Lucía e Damián, e a limusina marcha. Falan “2 días incomunicados, que guay!”; “vale, moi ben, pero hai que montar a tenda”.
ESCENA 6:
A carón dunha praia, aínda de día. “este sitio é bo!”; póñense a montar as tendas alí. Fáiselles noite (fundido co mesmo fondo e os personaxes noutras posicións). “Temos que ir buscar outra alternativa”, porque non son capaces de montar as tendas. “mirade, alí hai un edificio”. Deciden ir alí.
ESCENA 7:
Ven que é un MOTE
CE: que é un mote?
E: un motel, idiota! Que lle falta o L!
Entran. Hai un forte cheiro a madeira húmida. Remexen por alí. Encontran uns cadros nun baúl, gústanlles moito. Senten un ruído e soben a mirar de onde provén (será algunha rata mutante?). Non ven que produciu o ruído pero gústalles máis a parte de arriba e deciden subir todo, incluídos os cadros.
ESCENA 8:
Están acabando de instalarse e escoitan chegar un coche. Carlota ponse a berrar. Emilio dille que cale. Miran desde unha xanela quen baixa do coche e ven que é unha moza moi atractiva. Baixan. Antes de que ela entre no motel saen ao seu paso. Empezan a falar, Paula dilles que “cando estou estresada veño pasear pola illa porque nunca hai ninguén”, Emilio insístelle en que suba e as rapazas tamén, pero por outro motivo. Por quitalos de encima sobe e ve alí os cadros.
ESCENA 9:
Paula mira o reloxo e volve a miralo. Empezan a notar cada vez máis frío, deciden fazer unha fogueira nun bidón de gasolina que hai vacío, ao lado doutros cheos. Deciden ir por madeira, e van Lucía e Juan.
ESCENA 10:
Lucía e Juan andan pola illa de noite buscando madeira e ven o coche de Héctor agachado no bosque (Juan: “está quente”), polo que deducen que hai alguén máis na illa. Héctor veos alí, entre os arbustos, cando encontran o seu coche. Juan quere decirlle aos outros que encontraron o coche, porque o normal é decilo, pero Lucía négase, “por non preocupalos, porque seguro que non é nada”, di ao principio, e logo vai ser máis rotunda e chega a ameazar a Juan (que ten merecida fama de listillo) para que fique calado, porque o que ela quere é utilizar o coche para fuxir cos cadros, porque ela recoñeceu os cadros cando os viu, sabe que son cadros roubados, quen os pintou e os cartos que valen.
ESCENA 11:
No dormitorio teñen a fogueira acesa, están acabando de cear.
Lu: me aburro!
Ca: non me extraña; xa vos dixen que fósemos a Baiona!
E: ai, que pesada!
Ce: podemos rezar o rosario!
D: podemos facer unha ouija
Lu+E+Ju: si!!!
Ce: sacrílegos!
E: pero muller, non sexas parva, se é todo mentira
Na ouija sae un espírito dun neno, que se chama Nico. Morrera alí cando o accidente da nuclear e está alí atrapado porque non encontra a súa pelota, que lla levaran outros nenos, e se non a encontra a súa irmá vai enfadarse moito. Nesas, alborótanse porque escoitan ruídos abaixo (é Héctor, que anda remexendo e tropeza, e golpea unha pelota) e cando miran polo oco das escaleiras ven unha pelota rodando, e Carlota ponse a berrar como unha tola (porque é bastante histérica). En teoría, Damián é o que move o vaso.
Despois de todo, como xa non ten moitas excusas para quedar, Paula di que marcha coa idea de volver noutro momento e levar os cadros. Algúns, especialmente Carlota, dinlle que fique porque teñen medo, pero di que non: “teño vida!”.
ESCENA 12:
Están fóra despedindo a Paula, vai encender o coche e non arranca. Ven que está saboteado. Volven para dentro.
ESCENA 13:
Están metidos no saco e danse as boas noites. Imos vendo as sospeitas que ten cada un polo do coche. Carlota saca a pelota fóra do Motel e pensa “que pesados con non querer ir a Baiona”. Funde a negro.
ESCENA 14:
Lucía esperta, levántase e vai onda o coche de Héctor.
Trata de arrancalo e non dá. Entón sabotéao (pínchalle as rodas, arráncalle algúns cables do capó... así pode facernos pensar que fora ela quen saboteara tamén o de Paula). Cando volve ao Motel recolle a pelota, súbea e pona ao lado de Carlota.
ESCENA 15:
Amanece. Carlota esperta. Ve a pelota. Ponse a berrar. Espertan todos.
ESCENA 16:
Sobre fondo musical, vese os rapaces na praia xogando á pelota, paseando pola illa, bañándose, correndo detrás dun esquío, escapando dunha rata mutante.
ESCENA 17:
Vemos o grupo de Celia, Carlota, Juan, Emilio e Paula andando pola illa. Cando xa están volvendo ao Motel, xa bastante cerca, encontran os restos dun ritual satánico, con moito sangue, unha galiña degolada... Juan toca a galiña: “aínda está quente”. Celia é unha rapaza bastante católica e cóntalles que sospeita de que Damián pode ser satánico (pode que coñeza algún satánico que sabe que é amigo de Damián, ou que lle veu algunha tatuaxe, ou que saíse nalgunha conversa, ou todo á vez). Carlota, ao escoitalo, ponse a berrar fóra de si e Emilio (típico machito machote machista) sacúdea para que cale. Entón Juan cóntalles o do coche e a súa sospeita de que, vistos os restos do ritual, pode ser que o coche o trouxesen os amigos satánicos de Damián e que, se cadra, por iso Lucía non quería que lles dixese nada. Entón a Carlota dalle outro ataque. Paula, que empeza a sospeitar máis na posibilidade de Héctor que na de Lucía, pídelle a Juan que lles leve onda o coche.
ESCENA 18:
Os 5 chegan a unha corredoira buscando o coche pero o coche non está alí.
J: Tiña que estar aquí… igual é noutro sitio.
E: vaia co listillo…
J: Era de noite, non sei, chegamos de casualidade
ESCENA 19:
Simultaneamente, Héctor encontra a Lucía moribunda entre uns matorrais (que, loxicamente, fala cun pequeno fío de voz)
L: Damián...
H: Que Damián?
L: Os cadros...
H: Os cadros???
L: O coche...
H: Que lle pasa ao coche???
L: Axuda... morro...
H: Que sabes dos cadros?
L: Roubados...
H: Quen o sabe?
L: ...
H: Quen o sabe?
L: ...
H: Quen o saaaaaaaabeeeeeeeeee??????????
ESCENA 20:
No motel. Os 5 falan de Lucía e Damián, que non dan chegado. Como xa é de noite preocúpanse moito. Deciden saír a buscalos.
ESCENA 21:
Nunha corredoira calquera atopan a Damián e pregúntanlle por Lucía.
D: Non sei o que lle pasou. Enfadouse por calquera tontería e marchou a correr...
CA: Aaaahhhhhh!!!!
D: E a esta que lle pasa?
E: Non sexas cínico! Sabemos que es satánico e que hoxe pola tarde tiveches festa...
D: Pero que dis? Satánico eu? Festa?
J: entón... por que tés sangue nas botas?
Damián deslízase detrás duns arbustos e di: “que botas?” e a continuación marcha correndo. Saen todos correndo detrás del.
ESCENA 22:
Vense pés correndo, por un lado os de Damián, e despois os dos outros 5. Vese o bosque da maneira como o verían os que corren.
ESCENA 23:
No bosque os 5 paran de correr e empezan a falar Emilio, Juan e Celia antes de que cheguen Carlota e despois Paula. Deciden que un grupo debería ir ao Motel para atrapar a Damián (Emilio, Paula e Celia) e outro buscar os restos de Lucía (Juan e Carlota).
ESCENA 24:
O grupo que chega ao Motel encóntrao todo igual e deciden esperar, escondidos, a Damián, para tenderlle unha emboscada.
ESCENA 25:
Juan e Carlota encontran o cadáver de Lucía, cun brazo saíndo entre uns matorrais. Juan tócao e di “aínda está quente”. Nese momento, unha machada córtalle o brazo a Juan. A machada manéxaa Damián, que a continuación di: “quente vas quedar ti” e córtalle o pescozo. Carlota, como é costume, ponse a berrar:
CA: Aaahhh!!! Non! Damián! Non o fagas!
Héctor, que estaba agachado entre os matorrais (vese que eran ben espesos porque Héctor e Damián estaban os dous alí agachados e non sabían un do outro), sae nese momento.
H: así que ti es Damián...
D: E ti quen es?
H: eu son Héctor
D: encantado... vouche dar
H: non vai ser tan doado conmigo.
D: iso verémolo
H: sei que o fas todo polos cadros, a nena díxomo
D: de que cadros falas?
H: non te fagas o tolo...
Carlota marcha dalí e déixaos discutindo e pelexando. Na liorta, Héctor acaba no solo. Damián vai matalo coa machada pero ao asestarlle o ‘golpe’ definitivo engánchase coa póla dunha árbore, golpéase a cara, cae cara atrás, o brazo que sobresae de Lucía faille a zancadilla, desequilíbrao, anda medio caendo para atrás, pisa a cabeza cortada de Juan e o desequilibrio fai que caia sobre un tronco cortado que se lle crava na espalda e lle atravesa o peito.
D: Satán....
H: ufff (respira tranquilo ao ver o preto que estivera de morrer).
ESCENA 26:
Exterior do motel. Carlota chega correndo, berrando.
ESCENA 27:
Interior do motel. Carlota chega ao Motel.
CA: están pelexando, e Damián xa matou a Lucía e Juan, e Héctor quere matar a Damián!!! E todo polos cadros!!!
E: a ver, a ver, tranquilízate. Que dis?
CA: Hai un home na illa, que se chama Héctor. Juan e eu encontramos o corpo de Lucía (aínda estaba quente). Entón apareceu Damián e matou a Juan, e cando ía matarme apareceu Héctor...
E: Pero quen é Héctor?
P: Bueno, rapaces, creo que teño algo que contarvos.
ESCENA 28:
(Co apoio da voz en off) Héctor e Paula están debuxando un modelo do natural nunha clase de Belas Artes.
ESCENA 29:
(Co apoio da voz en off) Imos vendo a Héctor e Paula posando para a foto en diversos sitios: diante da Gioconda, na Tour Eiffel, diante do Coliseo, do Vaticano, na casa de Lloyd Wright, co Gernika, no Xapón…
ESCENA 30:
(Co apoio da voz en off) Asistimos á conversa entre Héctor e Paula na que a convence para roubar uns cadros dunha exposición, onde sabía que as medidas de seguridade eran moi escasas e o valor dos cadros moi alto. O seu plan é fuxir cos cadros, vendelos no mercado negro e ir vivir das rendas a Brasil, onde Héctor quere que creen a súa arte sen nengunha obriga económica.
ESCENA 31:
(Co apoio da voz en off) Vémolos roubando os cadros.
ESCENA 32:
(Co apoio da voz en off) Vémolos na illa agachando os cadros e marchando do motel.
ESCENA 33:
(Co apoio da voz en off) A voz en off dá pé á conversa en que Paula intenta convencer a Héctor de que devolvan os cadros. Vemos a conversa, sobre un fondo dun cadro nun café.
Paula intenta convencelo de que é mellor que digan onde están os cadros para que a policía non os atrape. El dille que non, que todo vai saír ben, e ela, como está namorada del (pobriña) creo.
ESCENA 34:
(Co apoio da voz en off) Paula ten nas mans o teléfono del e ve entre as últimas chamadas algunhas a Loli, unha antiga moza de Héctor.
ESCENA 35:
(Co apoio da voz en off) Outro día, nunha exposición de fotografías de Man Ray, pregúntalle se sabe algo de Loli, porque ela estudara Belas Artes con eles e adicábase á fotografía, e Héctor dille que non sabe nada dela desde que acabaran a carreira.
ESCENA 36:
Interior de motel. Paula acaba de contar a súa historia.
Paula comprende que Héctor está poñéndolle os cornos con Loli. Paula di que supón que Héctor, que non é parvo, a partir da conversa sobre Loli sospeita que Paula se enterou. Entón, Paula está máis ben impulsada polo desexo de vinganza, para devolver os cadros (aínda que tampouco quere delatar a Héctor porque iso suporía que ela tamén estaría implicada como encubridora) á policía, e por iso fora á illa. E sospeita que Héctor, en cambio, quere seguir co plan, e visto como están as cousas, igual non lle interesa deixar moitas testemuñas...
E: pois que veñan por aquí, que xa lles vou dar eu cadros...
P: home, somos catro, igual non temos por que preocuparnos...
CA: que non, que non, que están tolos...
P: que somos catro!!!
CA: eu marcho!
P: bueno, pois tres
CE: non, dous, eu marcho tamén
E: pero onde ides ir? Se marchades vós si que vos poden matar...
CE: non, porque non van vir por nós. Eles o que queren son os cadros.
CA: E os cadros están aquí. Ademais este Motel está maldito, dame moi mala espiña...
E: pero se estamos xuntos non vai pasar nada...
CE: A avaricia é un pecado capital
E: Xa está a cristiana...
CE: Carlota, aínda que sexa unha histérica, ten razón. Temos que desfacernos dos cadros
E: pero se os destruímos ou os afundimos van querer matarnos igual para sonsacarnos, porque poden pensar que os agachamos nalgún sitio en vez de eliminalos...
P: Mmmmmm.... hai unha solución!
CE: Cal?
PA: queimalos á metade: así non teñen valor pero está claro que non os agachamos...
E: Pero entón vanse cabrear... ou poden pensar que son unha copia... ti es pintora...
PA: desculpa: escultora. E ademais aquí non hai lenzos nin...
CE: Basta de lerias! Eu quero queimalos, Carlota tamén e Paula tamén. Así que ti es o único que non quere...
E: E que ides facer? Queimarme con eles?
CE: non deas ideas.
E: Pensade un pouco: se queimades os cadros...
CA+P: Xa non van querer matarnos!!!
E: como non? Non quedamos en que Juan e Lucía están mortos? Somos testemuñas de dous asasinatos!
P: mira, non sei... eu non creo que Héctor matase polos cadros, pero, polo que parece, Damián si...
CE: nunca me gustou...
E: Non sei... pensade o que poderíamos facer con esa pasta...
P: pero dalle! Non ves que nos queren matar?
CE: si! Es un avaro!
E: que avaro ni que hostia! Xa non teríamos que traballar nunca. Non ves que eses cadros valen un millón de euros cada un???
P: bueno, tampouco te pases...
CE: E ademais non os podes vender como se foses so supermercado. Tés que agachalos e vendelos no mercado negro...
P: Si... e terías a policía detrás...
E: Pero... joder, que é unha pasta!!!
CE: Dios mío!!! Teño problemas de personalidade!!!
E: e esta que di?
CE: empeza a non parecerme tan mala idea o de vendelos...
E: Ah! Logo si...
P: pero que dicides? Celia! Como podes dicir iso?
CA: non discutades máis!!! Xa están ardendo
E: pero que fixeches!!!
P: por fin alguén fai algo...
Achéganse aos cadros para intentar sacalos e Carlota empurra un bidón de gasolina que cae aos pés deles e logo tumba o dos cadros, de maneira que prende a gasolina que teñen aos pés.
CA: agora tócavos arder a vós.
Estas imaxes vanse alternando con imaxes de Carlota volvendo ao sitio onde Damián está cravado e Héctor no solo, vese como colle unha estaca e, aproveitando que Héctor está aínda deitado lla crava nun ollo, e lle atravesa a cabeza. E grítalles aos outros mentres arden: “fóra do Motel! Deixádenos en paz! Xa vos dixen que fósemos a Baiona!!!”
Cando están todos medio chamuscados dinlle que está tola, que van dar con ela, e ven como Carlota mira noutra dirección e vemos o que ela ve: a Nico aparecer detrás dunha porta coa pelota e dille.
CA: vamos, Nico. Agora por fin poderás xogar tranquilo. FIN
sexta-feira, 27 de novembro de 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário